Os veciños, comerciantes e empresarios de Rianxo non deixan de mostrar o seu malestar polos peches de rúas derivados das obras de saneamento e da construción da nova EDAR que se están a dar no centro da cidade. O alcalde do municipio recordou a importancia das actuacións para a localidade pero tamén para a ría.