A estrada AC-550 á altura de Xuño está a ser reforzada nos campos da seguridade viaria e da mobilidade coa construción dunha glorieta. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou hoxe a zona onde se están a desenvolver as melloras, que contan cun investimento de 322.000 euros.
A NOVA GLORIETA DA AC-550 EN XUÑO ESTARÁ REMATADA EN NOVEMBRO. ASÍ O AFIRMOU A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS, ETHEL VÁZQUEZ, NA SÚA VISITA AO MUNICIPIO SONENSE

