Este fin de semana pasado quedará marcado na historia do Club Remo Cabo da Cruz. Por un lado, o equipo ACT completou a primeira final da bandeira da Concha, rematando en sétimo posto a falta da segunda final. Os de Cabo, que veñen de completar unha gran temporada e que rematarán coa súa participación no play-off de ascenso á Liga Euskotren, foron a augas vascas co obxectivo de competir e dar o mellor de sí mesmos, e así foi, foron terceiros na súa tanda cun tempo de 19 minutos e 32 segundos, a 24 da cabeza. A vitoria foi para Hondarribia que superou a Santurzi que se quedou 1 segundo e medio por detrás. O vindeiro domingo resolverase a Bandeira da Concha.