Nove loitadores do Clube ITF Noia Clínica Juanatey conquistaron os tatamis do Campionato Nacional de Kickboxing que se celebrou este fin de semana en Salamanca, nas especialidades de Point Fighting, Light Contact e Full Contact. 5 ouros en Point Fighting (Noah R. Martín, Samuel Hermo, Antía Blanco Filgueira, Alejandra Vázquez, e Paula Blanco); 1 ouro en Light Contact (Martín Iglesias); 2 pratas en Point Fighting (Jacobo Vilas e Antía Blanco Insua); 1 prata en Light Contact (Paula Blanco); e 1 bronce en Point Fighting (Martín Iglesias), foron as conquistas acadadas nas modalidades de Point Fight e Light Contact, que concentraron a competidores de toda España en máis de 600 pelexas que se disputaron durante máis de doce horas do sábado e 5 do domingo.
Os excelentes resultados acadados nesta edicion reflexan a intensidade e a perseverancia coa que se están a adestrar os competidores do Clube ITF Noia Clínica Juanatey que formaron parte da Selección Galega de Kickboxing.
Xa devolta na vila noiesa, e sen moito tempo de repouso, seguirán preparándose técnica, física e estratéxicamente para consolidar os bós resultados que nesta tempada están a conseguir nos campionatos das disciplinas de Taekwon-Do e Kickboxing.
https://www.youtube.com/watch?v=WU7nFH5NmMY