A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e representantes dos consellos reguladores dalgunhas das denominacións de orixe vitivinícolas presentes en Galicia mantiveron hoxe unha xuntanza para analizar os efectos para o sector da declaración da emerxencia cinexética temporal polo xabaril, vixente desde o pasado venres en gran parte da Comunidade.Entre as 29 comarcas galegas nas que se aplicará esta medida ata o vindeiro 27 de febreiro figuran algunhas das que concentran unha maior actividade vitivinícola, un dos sectores agrícolas no que nos últimos anos se teñen constatado máis danos derivados dos ataques destes animais..
XUNTA E VITICULTORES ANALIZAN OS EFECTOS PARA O SECTOR DA DECLARACION DA EMERXENCIA CINEXÉTICA POLO XABARIL

