Hoxe tivo lugar a presentación dun novo concurso fotográfico, que ten como finalidade visibilizar, concienciar, sensibilizar e facer reflexionar á cidadaní ante a próxima conmemoración o 17 de outubro do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. Así, poderá participar toda persoa maior de 18 anos e a fotografía deberá ir relacionada coa temática e cunha explicación non supeior a 200 palabras en galego. A iniciativa nace da man da Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade en colaboración co concello de Ribeira así como coa compañía local de telefonía ToxoTelecom.