O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa leva a cabo as “Xornadas de dinamización da estratexia do GALP Ría de Arousa” nas que se presentaron as axudas Cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar.
O lugar escollido para a realización desta presentación foi Riveira , na aula do centro cultural lustres rivas presentouse a “Xornada de dinamización da estratexia do GALP Ría de Arousa” na que se presentaron as axudas Cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar.No acto participaron o Alcalde de Riveira, Manuel Ruíz Rivas, a xerente do Galp, Rosa Maria Carballo e o patron maior de Ribeira, Jose Antonio Perez.
O patron maior de Ribeira explicou que a xornada tenpor obxecto facilitar información e resolver dúbidas as persoas interesadas nas axudas que buscan levar a cabo calquer tipo de acción que sirva para dinamizar de maneira sostible a zona de influencia do GALP Ría de Arousa.
A xerente do Gac destacou que o Galp conta con cinco millóns e medio de euros para a realización de proxectos ata o ano 2020.
Os GALP dan continuidade ao traballo desenvolvido dende os GAC, que desempeñaron un importante papel como xestores de multitude de proxectos que incidiron na mellora económica do noso litoral. Estas organizacións son entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal promovidas pola Unión Europea, formadas por axentes tanto públicos como privados das sete zonas de actuación constituídas. Traballan co fin de mellorar a capacidade organizativa do sector pesqueiro, crear emprego arredor deste colectivo, fomentar a diversificación para os profesionais do mar e conservar e valorizar o patrimonio natural e cultural marítimo-pesqueiro, entre outras cuestións.
A xornada rematou cunha degustación de produtos do mar.
RIBEIRA acolle as xornadas de dinamización da estratexia do GALP RIA DE AROUSA
Please login to join discussion