O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitaron a praia de Boa Grande, un dos espazos recoñecidos co distintivo creado pola Xunta de Galicia de Praia sen Fume. O obxectivo da xunta é conseguir nos vindeiros anos, que todas as praias galegas formen parte da rede . O alcalde de Noia destacou ademais os investimentos realizados nos areais para mantelos nas mellores condicións.
O Concello de Noia recibe o diploma de ouro da rede galega de praias sen fume

