Chegaban con enerxías renovadas e grandes esperanzas as remeiras de Cabo da Cruz ao País Vasco logo de alzarase co título da Liga Galega de Traiñeiras. Esta tarde tivo lugar a proba clasificatoria contrarreloxo para acceder á final da Bandeira da Concha, unha proba na que tamén participou o Náutico Ribeira. Non foi posible, a pesares de competir a gran nivel, nin boirenses nin ribeirenses foron capaces de facerse un oco entre a elite nacional para disputar a bandeira do próximo domingo. Na primeira tanda saíu Cabo da Cruz, que remataría en 10 posto, e na segunda, o Náutico de ribeira remataría en deimoséptimo lugar, perdendo así todas as posibilidades de acceder á proba final do domingo.