Numerosas persoas achegáronse hoxe ata a capela de San Ramón de Bealo, a pesar de ser o segundo ano no que a romaría conta con restricións pola covid. A explanada de diante da igrexa non estaba tan cheo como soia, pero a xente non dubidou en acudir unha vez máis a San Ramón.