Os remeiros de Cabo da Cruz tiveron unha fin de semana de altos e baixos na Liga ACT. A bancada boirense conseguiu o cuarto posto na regata do sábado que se celebrou en Ares, pero pechou o domingo co undécimo lugar na Bandeira Concello de Moaña. Os de Boiro atopáronse un mar bravo e o vento tamén estivo presente, o que condicionou aos equipos da segunda e terceira quenda. Sen embargo a regata estivo bastante reñida. Os de Cabo quedaron a tan só dez segundos da terceira posición, o que remarca o nivel parello dalgúns equipos da competición. Foi unha fin de semana con sensacións diferentes entre os remeiros, pero o que máis pesa é a boa posición lograda en Ares. Agora o que buscan os de Boiro é repetir o bo facer da regata de Ares na fase clasificatoria para a regata da Concha. O xoves teñen que quedar entre os oito mellores equipos de España para competir en augas de San Sebastián.