Sin categoría

PSdeG-PSOE, MAREA E BNG acudirán ao valedor do pobo para defender os seus dereitos como membros da corporacion local

A votación da ordenanza que regula os prezos públicos na planta inferior do párking Xuíz Falcone enfrentou o PP e oposición. No primeiro turno de palabra PSOE e En Marea criticaron que se de prioridade ós residentes no casco antigo e os empresarios, pero non ós empregados dos negocios. Dende o BNG discreparon sobre os criterios para acceder ás prazas de movilidade reducida.O rexedor non deu paso ó segundo turno de réplica malia ser solicitado pola oposición, e deu paso á votación, nese momento a oposición decidiu abandoar o pleno.
O PP e o Noia seguiron adiante coa sesión.

Na mesma noite de onte os tres grupos políticos da oposición no concello de Noia (PsdeG-PSOE, Marea Cidadá e BNG) decidiron que se van dirixir nos vindeiros días á Oficina do Valedor do Pobo para denunciar o que consideran unha vulneración dos dereitos fundamentais dos concelleiros e concelleiras dos citados grupos no pleno ordinario da corporación local.
Os tres grupos políticos consideran “gravísimo” o proceder do alcalde noiés, Santiago Freire, que negou aos grupos da oposición a posibilidade de facer uso do segundo turno de intervención cando se estaba a debatir sobre o parking soterrado da rúa xuíz Falcone.

Os concelleiros e concelleiras do PSdeG-PSOE, Marea e BNG aludiron expresamente tamén á vulneración do Regulamento orgánico do concello de Noia vixente dende o ano 2010 e que no seu artigo 22, apartado e) tamén contempla os mesmos dereitos que xa garantiza o Real Decreto 2586/1986, que aprobou o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Corporacións Locais
Os tres grupos políticos municipais (PSdeG-PSOE, Marea e BNG) tamén solicitarán nos vindeiros días un Informe á Secretaría Municipal para que informe sobre os dereitos dos grupos políticos e a vulneración dos dereitos realizada por Santiago Freire (PP).

Salir de la versión móvil