O sector pesqueiro galego ten numerosos frontes abertos. A escaseza de varias especies, a falta de cuotas ou as novas medidas que se queren implantar nas artes menores poñen en perigo ao sector. Outro problema ao que se enfrontan é á instalación de parques eólicos mariños en augas galegas que reducirían as zonas de pesca de varias artes como o arrastre, o cerco ou o palangre.
TRANSICIÓN ECOLÓXICA TRABALLA NA INSTALACIÓN DE DOUS PARQUES EÓLICOS MARIÑOS EN GALICIA. O PATRÓN MAIOR DE RIBEIRA AFIRMA QUE SE ISO VAI ADIANTE, MOITOS PESCADORES VERÁN REDUCIDAS AS SÚAS ZONAS DE TRABALLO

