O CONCELLO DA POBRA presentará uns orzamentos reais nos que se contempla unha reducida inversion

O orzamento do concello da Pobra para o 2016 ascende a preto de 7,000,000 de euros, unha cifra reducida pero axustada á realidade, segundo explicou o alcalde, lois Piñeiro.

O orzamento todavía se atopa en fase de borrador, segundo explicou o rexedor pobrense, é difícil de pechar porque estána chegar facturas de outros anos, como é o caso dunha reclamación da ESGAE. Agora quedan pendentes varias reunións coa oposición para negociar e tratar de chegar a acordos, co fin de elaborar uns orzamentos consensuados.

O capítulo de inversións sella máis reducido que en anos anteriores, segundo explicou o rexedor , a causa da cantidade de facturas pendentes doutros anos e que todavía reciben a día de hoxe. Malia isto dende o concello buiscaranse axudas e subvencións coas que poder actuar. Unha das partidas que se vai aumentar e de emerxencia social, ó condsideralo fundamental para a veciñanza nos tempo dificiles que se afrontan., pasará de 500 a 15.000 euros.

Segundo explicou Lois Piñeiro, urxe aprobalos orzamentos porque hai partidas esgotadas, todavía se está a traballar cos orzamentos do 2015 prorrogados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.