A Xunta reitera o seu compromiso na Administración de Xustiza coa posta en marcha do Plan de eficiencia enerxética e obras menores nos edificios xudiciais galegos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, o Plan de Eficiencia Enerxética e obras menores nos edificios xudiciais, que conta cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros, o que amosa o compromiso continuo do goberno galego coa Administración de Xustiza.
Alfonso Rueda indicou que o Plan foi xa aprobado polo Consello da Xunta a pasada semana e comprende tanto actuacións en eficiencia enerxética, cun investimento de 2,5 millóns de euros, coma obras menores cun orzamento de máis dun millón de euros, no que está previsto levar a cabo 185 actuacións.

Este Plan é un paso máis na aposta firme e decidida por dotar aos profesionais e os cidadáns dos mellores medios materiais ao seu servizo, tanto no punto de vista das infraestruturas xudiciais como no das novas tecnoloxías, sempre co obxectivo de acadar unha administración de Xustiza, mellor dotada, máis moderna e máis eficaz.
No que se refire ás medidas de aforro e eficiencia enerxética, as actuacións previstas abordarán tres ámbitos fundamentais: mellora da envolvente dos edificios, instalación de sistemas de calefacción/ climatización máis eficientes e mellora da iluminación das oficinas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.