A delicada situación no Sahara Occidental levou a comunidade educativa da Pobra a implicarse e solidarizarse cos saharauis, decidiron facelo dando lectura e lendo a mesma hora un manifesto en cada un dos centros educativos do municipio, ademais de decidir colaborar no programa Veráns en paz da ONG SOGAPS. Con esta iniciativa amosan o seu apoio e compromiso dende as aulas cos Dereitos Humanos.
No IES de A Pobra o alumnado deu lectura o manifesto a través do cal transmoitiron a situación que vievn no Sahara e nos campos de refuxiados.
os alumnos e alumnas amosaron o sinxelo que pode ser axudar a que a situación remate, ou cando menos mellore.
Ademais neste centro contaron coa participación de Larussi, un mozo saharauí que leu o manifesto en hassaní. Unha emotiva lectura que arrancou os aplausos dos compañeiros e compañeiras.
o alumnado tamen participou na recollida de doazóns da Campaña 1 euro/ 1 alumno destinadas ao programa Vacacións en paz. O acto rematou coa izado da bandeira saharauí a media hasta.