O Concello de Noia inviste cerca de 7 millóns de euros en obras neste semestre. A remodelación da praza de abastos comezará nos vindeiros días

A praza de abastos municipal de Noia será obxecto dunh reforma integral, cun investimento froito do convenio entre a Xunta e o concello de máis de 1 millón de euros. O obxectivo desta intervención será dotar ao inmoble dunha imaxe moderna mantendo a súa morfoloxía e permitindo reordenar o espazo comercial. Asímesmo, a actuación únese a outras levadas a cabo recentemente polo concello, como é a pintada do mural da fachada do  IES Virxe do Mar, así como as obras de mellora da eficiencia enerxética do Instituto Campo San Alberto.

Salir de la versión móvil