Deportes

A IV Travesía a nado Illa da Bensa celebrada en Carragueiros acollerá a mais de 200 inscritos. Por primeiro ano a proba será inclusiva para persoas de mobilidade reducida

O Club de Natación Boiro e o Concello de Boiro presentaron esta mañá a IV Travesía a nado Illa da Bensa que se celebrará o vindeiro domingo en Carragueiros. Ao acto acudiron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o director técnico do club, Juan Carlos Brión, e representantes das principais empresas patrocinadoras, Margarita Hermo de Jealsa e Rebeca Ozores da Clínica Dental. A actividade estaba prevista para mediados de agosto, pero a situación da covid provocou que se retrasara ata esta fin de semana.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.