O sector pesqueiro de Galicia está sorprendido por unha medida aprobada polo Ministerio de Pesca. O departamento liderado por Luis Planas vén de anunciar que realizará unha proba piloto en 150 barcos de artes menores de menos de 12 metros de eslora desoíndo a postura dos pescadores, contrarios a esta medida.
A FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS LAMENTA QUE O MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA INVISTA 1,4 MILLÓNS DE EUROS NUNHA APLICACIÓN INFORMÁTICA QUE, SEGUNDO OS PESCADORES, NON TERÁ BENEFICIOS PARA A SÚA ACTIVIDADE

