Ribeira

O CONCELLO DE RIBEIRA LICITADA A INSTALACIÓN DE SANEAMENTO CON POZO DE BOMBEO NO LUGAR DE AGRELO POR PRETO DE 200.000 EUROS

O Concello de Ribeira licitou dunha nova actuación destinada a dotar de rede municipal de saneamento ao lugar de Agrelo, situado nas parroquias de Olveira e Oleiros.

 

De acordo co proxecto elaborado polos técnicos municipais, o que se persegue é instalar unha rede de saneamento formada en primeiro lugar por unha tubería SN4 de 315 milímetros de diámetro e 1.048 metros de lonxitude, ademais de 31 pozos de rexistro. A través do colector se conducirán as augas feciais ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas sumerxidas fixas. Dende aquí as augas impulsaranse a través dunha tubería de polietileno de alta densidade de 758 metros de longo e 125 milímetros de diámetro ata a súa conexión á rede xeral.

 

A intervención comporta un investimento de 194.823,52 euros que está adscrita ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020. O prazo de execución son cinco meses.

 

As empresas interesadas dispoñen ata o 8 de setembro á medianoite para formular as súas propostas a través do Sistema de Licitación Electrónica de Galicia (SILEX).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.