OS XOGADORES DOS EQUIPOS INFANTIL, CADETE E XUVENIL DO BOIRO VOLEIBOL FORON RECIBIDOS NO CONCELLO BOIRENSE PARA RECOÑECER O SEU BO PAPEL NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

O Concello de Boiro recibiu aos equipos infantil, cadete e xuvenil do Boiro Voleibol para recoñecer o seu bo facer nos Campionatos de España aos que acudiron. Os infantís remataron 10 en Soria, os cadetes, que foron campións galegos, remataron quintos de España na proba celebrada en Castellón e os xuvenís conquistaron os campionatos galego e nacional, celebrado en Boiro. O adestrador Adrián Alvés afirmou que o papel que desempeñaron os xogadores nos campionatos nacionais foi posible grazas a un traballo en equipo do club, adestradores, patrocinadores, familias e concello.

Salir de la versión móvil