A Policía Local de Rianxo vén de anunciar varias actuacións realizadas dende o 26 de xullo tanto en seguridade cidadá como noutros operativos como controis ou inspeccións. En materia de seguridade cidadá procederon á identificación de 57 persoas, interviron diversas cantidades de sustancias estupefacientes e psicotrópicos, un arma branca e propuxeron para sanción aos seus posuidores. Tamén pasaron a disposición xudicial 8 persoas, dúas por delitos contra a seguridade viaira, dúas por delitos de violencia de xénero, dúas por delitos contra a propiedade, unha por delito de atentado a axentes da autoridade e unha por un delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas. Neste caso incautáronse diversas doses de cocaína e heroína e cartos.