Icono del sitio CanalBarbanza.com

O alumnado do Obradoiro de Emprego O Pote II recibe unha masterclass por parte dos chefs de Congalsa

Esta mañá, os alumnos do programa de emprego promovido polo Concello de Ribeira, contaron coa visita dos chefs do departamento de I+D de Congalsa que, a través dunha Masterclass, mostrou o proceso de cociñado e de emplatado de diversos productos preelaborados da súa marca de hostalería.

A acción enmárcase no programa de emprego e dá resposta a necesidade de achegar a formación e o mundo laboral ao alumnado do taller difundindo, ao mesmo tempo, o potencial de empresas punteiras do sector alimentario como é o caso de Congalsa.

Os alumnos participantes no programa estanse a formar no certificado de profesionalidade de operacións básicas de cociña e operacións básicas de pastelería. Este programas de emprego está dirixido á mellora de a ocupación, cualificación e inserción profesional das persoas rexistradas.

Salir de la versión móvil