Uns 25 rapaces que acoden aos campamentos de verán do Concello de Ribeira tiveron hoxe a visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana, do alcalde do municipio, Manuel Ruiz, e da tenente de alcalde, María Sampedro. Os nenos contaron hoxe co obradoiro da campaña Ti si que es un bo peixe impulsado polo departamento de Quintana e que busca concienciar aos máis cativos dos beneficios de comer peixe e marisco.