jueves, septiembre 28, 2023

Máis de trinta actividades darán vida ao auditorio na terceira feira da educación para visibilizar o labor formativo en RIVEIRA

Un total de 34 actividades encherán esta semana o Auditorio Municipal na III Feira da Educación de Riveira co fin visibilizar o labor que dende o ámbito educativo e formativo en xeral se está a realizar neste municipio.

A concelleira de Educación, Herminia Pouso Maneiro, e a responsable de Normalización Lingüística, Alicia Padín Otero, compareceron hoxe no Consistorio para desgranar a programación dun certame que se desenvolverá entre este mércores 27 e o sábado 30 de abril. En total, hai 33 entidades implicadas.

A presente edición ten un marcado compoñente solidario (con actividades como as Meninas en beneficio de Aldeas Infantís cunha poxa pública que se desenvolverá o vindeiro venres ás 20 horas ou tamén actividades artísticas e educativas non regradas das asociacións Ambar e A Creba coas que mellorar o noso coñecemento sobre a coeducación e a visión do outro.
Música, teatro, reciclaxe informática, cociña ou proxeccións audiovisuais sobre violencia de xénero son outras temáticas dunha feira que contará con dúas vertentes: unha mostra na que mediante pequenos stands, os colexios e escolas municipais deixan ver o seu quefacer cotián; e mais actividades de mañá (público escolar e o profesorado acompañante) e tarde e fin de semana (público xeral).

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.