A rotonda do Orro ubicada en Noia xa dispón de iluminación, cumpríndose así unha das promesas do alcalde Santiago Freire. O pasado venres 22 de abril entrou en funcionamiento a iluminación da rotonda de Orro dando por fin seguridade a este punto , un dos mais transitados ó ser a entrada do corredor Noia-Santiago. Nada máis chegar ó goberno o equipo capitaneado por Santiago Freire deu orde de por en funcionamiento esta iluminación. Así dous meses después de entrar no goberno e tras repor a acometida que fora sustraída conseguiron que a entrada a Noia dende o corredor teña luminosidade e ofreza maior visibilidade ós usuarios. Segundo explicaron dende a alcaldía, trátase dunha medida que se vai sumar a outras melloras na parroquia de Orro, para o cal está redactado un proxecto e en próximas datas a Consellería de Infraestructuras anunciará a licitación da senda peonil que irá dende a citada rotonda ata a altura do restaurante Rei Martiño; dando cumplimento a outra demanda que non por antiga deixa de estar menos vixente . En palabras do alcalde Santiago Freire: «A seguridade dos nosos veciños é a primeira das nosas preocupacións por iso nada máis chegar ao goberno din orde de acometer as accións necesarias para poñer por fin luz na rotonda de Orro, que entendemos que é necesaria e fundamental dada a cantidade de vehículos que circulan ao longo do día por ese punto. Dende o goberno de Noia apuntan que non van escatimar esforzos e recursos para garantir a seguridade dos veciños.
- Home
- A rotonda do ORRO xa ten iluminación
Sin categoría
A rotonda do ORRO xa ten iluminación
-
By CloudyX - 0
Leave a Comment
Related Content
-
-
OUTES RECLAMARÁ MELLORAS NO SANEAMENTO DAS AUGAS MUNICIPAIS E ARRANXOS NA REDE VIARIA
By CloudyX 2 días ago -
-
OS MERCADOS ENCARAN OS ÚLTIMOS DÍAS ANTES DAS CEAS E COMIDAS DE NADAL
By CloudyX 2 días ago -
PERO NAS CEAS E COMIDAS NON HABERÁ SÓ MARISCO
By CloudyX 2 días ago -