A conserveira Luis Escurís Batalla, de A Pobra do Caramiñal, presente dende hoxe na maior feira sectorial que se celebra, a Feira «Alimentaria»de Barcelona, después da exitosa experiencia que obtivo no Salón de Gourmets de Madrid .
No pabillón institucional de Galicia, a firma ofrecerá os mejores productos das suas marcas Lo Bueno e Fuera de Serie, baixo o paraugas do selo Galicia Calidade. Así, no seu stand podense atopar distintas especialidades de mexilons (DOP Mexillón de Galicia), zamburiñas, agullas, ameixas, polbo, ventresca de atún claro, berberechos, cabala, xurel ou caviar de ourizos, entre outras delicatessen.
Luis Escurís Batalla ve na feira catalana unha gran oportunidade de negocio cos mercados internacionais como obxetivo.
Alimentaria volverá a ser o centro de negocios internacional para profesionais da industria da alimentación, bebidas e gastronomía, coa innovación, últimas tendenzas e internacionalización como pilares fundamentais. Con expositores de más de 50 países e máis de 10.000 reunions de negocio, nesta edición calcula se que visitarán a feira máis de 140.000 profesionais.
https://www.youtube.com/watch?v=zOjyK51H0iI