O pasado mes de xullo o BNG, PBBI e SR presentaron unha moción na que reprobaban ao alcalde de Ribeira como incumpridor dos acordos plenarios. Un días despois reclamaron a celebración dun pleno extraordinario para tratar o proxecto da circunvalación. O alcalde convocou onte un pleno extraordinario de urxencia para hoxe á mañá, pero os tres partidos non acudiron a el por consideralo fraudulento.