Deportes

Noia será anfitrión do Campionato de Europa de MuayThai o sábado. Na xornada do venres tamén terá lugar unha velada de boxeo

Volta a loita ao municipio noiés coa cuarta edición de Noia Fighters. Esta mañá tivo lugar a presentación do evento que terá lugar mañá venres, cunha velada de boxeo, e o sábado, que terá como gran aliciente o combate estelar polo título de Europa de Muay Thai. Ao acto acudiron a concelleira de deportes, Laura Salgado, o presidente do Club de Lucha Noia, Moisés Hermo e dous membros do clube que loitarán na velada, Goyo Rubio e Silviu Vitez, este último tentará gañar o cinturón de campión de Europa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.