O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou Concertos na fin do mundo, unha proposta musical que invita a experiencias únicas nos faros galegos. O ciclo conta coa colaboración da Fundación “la Caixa” no marco da programación do Xacobeo.
O gaiteiro Anxo Lorenzo, as cantareiras As Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de de Corrubedo en Ribeira, Baiona, Muxí, e Cervo. Xunto e eles actuará tamén a dj galega Russihha e grupos emerxentes do panorama musical galego.
Os concertos serán o 21 e o 27 de agosto e o 3 e o 10 de setembro, para grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas dependendo das características do faro e do nivel de ocupación dese escenario natural, tendo en conta os protocolos de seguridade e as normas sanitarias. A proposta, ademais, persegue valores de respecto coa contorna, de igualdade e de diversidade.