Cheo absoluto en noia polo SAN MARCOS

Milleiros de persoas achegáronse durante estes días a Noia para desfrutar do San Marcos. O bo tempo axudou a incrementar a afluencia de visitantes a unha das primeiras festas da tempada na comarca. A feira de maquinaria agrícola e o popular mercado dominical foron as estrelas da xornada de onte, o igual que a feira cabalar foi a gran cita para visitantes e veciños este luns.
A principal atraccion da xornada do domingo foi sen dúbida o desfile de xigantes e cabezudos que fixeron as delicias de grandes e pequenos, acompañando os Gaiteiros da Sociedade Liceo de Noia polas ruas da vila. Non houbo un recuncho do centro noies que non estivese abarrotado, ruas e prazas eran un ir e vir de transeúntes, e non foi diferente para os vehículos, entrar en Noia fixose complicado dada a afluencia de visitantes a vila, e difícil era tamén aparcar o automóbil.
A feira cabalar celebrada neste día atrae a centos de persoas, os concursos son cada vez mais concurridos .
Esta noite porá o broche final a orquestra Paris de Noia e o grupo Treixadura.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.