Boiro

O BNG de Boiro homeanxeará no Día da Galiza Mártir ao veciño Xerardo Piñeiro Piñeiro. Esta homenaxe repítese cada ano para facer visible aos veciños do municipio represalidados ou asasinados durante o franquismo.

Xerardo Piñeiro Piñeiro será homeanxeado en Boiro mañá martes no Día da Galiza Mártir. O acto desenvolvido polo BNG da localidade celebrarase na rotonda de Cimadevila, para lembrar a un mozo castigado coa morte e enterrado nunha fosa común, tiña 20 anos.

Esta será unha nova edición dun acto que se leva celebrando desde o 2003, e xa leva homeanxeados a 20 boirenses, recordados no monumento da rotonda de Cimadevila

Dende o BNG reclaman xustiza e recoñecemento para as persoas que morreron defendendo os valores democráticos vixente a día de hoxe. Xosé Deira aproveitou para facer un chamamento aos veciños boirenses.

 

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.