Numerosos turistas e veciños do municipio asistiron esta fin de semana á explanada portuaria de Porto do Son para desfrutar dunha nova edición da exaltación do polbo, festexo máis que consolidado e que foi a cargo da pulpería veloso. Antes de acudir á feira, levouse a cabo unha tradicional andaina de Boiro a Porto do Son, na que participou o alcalde do municipio.