A Deputación da Coruña apoia con 6.204 euros á Asociación de Mulleres da Pesca (Anmupesca), con sede en Malpica, para realizar o primeiro programa de fomento da muda xeracional das mulleres no sector pesqueiro. O proxecto está dirixido a nenos e nenas de 6º de primaria e da ESO de centros educativos emprazados nos concellos de Porto do Son, Muros, Noia, Cariño, Camariñas, Malpica, Cabana de Bergantiños e Ponteceso. O obxectivo é que coñezan as características das profesións que desenvolven as mulleres no sector, fundamentalmente redeiras e mariscadoras, pero tamén mariñeiras ou patroas para contribuír a dar a coñecer este labor profesional e animar ás xeracións máis novas a que opten a desempeñalo.