A Xunta valora a revitalización dos servizos de Protección Civil na provincia da Coruña logo da campaña realizada nos últimos meses

O Director Xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou hoxe as agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) e servizos municipais de protección civil de Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Durante a súa visita, o director xeral valorou os resultados da campaña de revitalización destes servizos levada a cabo pola Xunta durante os últimos meses e deu como resultado a constitución de 3 novas agrupacións na Coruña. Un total de 40 concellos da provincia da Coruña mostraron o seu interese en participar nesta campaña, entre eles o concello de Ribeira.

Cómpre destacar que a Xunta fixo no anterior ano un esforzo importante creando unhas liñas de subvencións en especie para concellos con equipamentos de emerxencias como vehículos pick up, furgóns de loxística, Remolques de emerxencia, Embarcacións pneumáticas, Remolques con carpas para as emerxencias e Esparexadores de sal e equipos de excarceración. Na provincia da Coruña distribuíronse un total de 125 unidades, cun orzamento de 2,3 millóns de euros. En concreto, o concello de Ribeira recibiu un todo terreo pick-up e A Pobra do Caramiñal unha embarcación pneumática de catro metros de eslora. Pero Ribeira todavía presenta algunha necesidade mais de equipamento, a máis urxente e unha embarcación, petición que xa foi trasladada ó director xeral.
O Director Xeral destacou e agradeceu o labor altruísta e solidario de todo o persoal voluntario protección civil que na actualidade forma parte das diferentes AVPC. Anunciou ademais que en ribeira se vai impartir un curso básico de proteccion civil.

https://www.youtube.com/watch?v=OURUkYQFbxo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.