O Concello de Boiro acolleu esta mañá a visita do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, para coñecer as actuacións realizadas mediante achegas do Ministerio para a Transición Ecolóxica para cambiar o alumeado e mellorar a eficiencia enerxética e tamén para coñecer os proxectos do goberno local. Durante a visita estivo acompañado do alcalde, José Ramón Romero quen aproveitou para explicar as principais demandas do municipio, así como do tenente alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro de Comercio e Industia, Marcos Fajardo.