Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta pon á disposición dos autónomos 5,5 millóns de euros en axudas para apoiar a súa modernización e consolidación

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor hoxe en Antas de Ulla as axudas autonómicas ao emprego autónomo. Tamén recordou que aínda se poden solicitar ata o 30 de setembro os apoios para impulsar o inicio de actividade e a contratación indefinida do primeiro, segundo e terceiro traballador. E ata hoxe mesmo o Bono Autónomo. Con esta última iniciativa, a Xunta pretende contribuír á consolidación do emprendemento para manter e aumentar as estruturas de emprego estable e de calidade. As axudas contan cun orzamento de 5,5 millóns de euros para apoiar a modernización e consolidación de preto de 2.000 negocios en Galicia.

Salir de la versión móvil