Nove practicantes do Club ITF Noia Clínica Juanatey forman parte da Selección Galega de Kickboxing que participará no Campionato de España

Noah R. Martín, Jacobo Vilas, Samuel Hermo, Pedro Nobre, Martín Iglesias, Antía Blanco Insua, Antía Blanco Filgueira, Paula Blanco e Alejandra Vázquez, despois de acadar o primeiro posto nas súas respetivas categorías no Campionato Galego de Point Fight (Arzúa), e no Galego de Light (Sanxenxo), obtiveron a calidade de membros da Selección Galega que ten por obxetivo reafirmar a calidade do deporte de contacto en tatami que se está a practicar na nosa comunidade. Concentración, perseverancia, ilusión e confianza no intenso traballo físico técnico e estratéxico que están a realizar serán os compoñentes que de seguro amosarán en cada cruce durante os tres días (22, 23 24), nos que segundo datos da Federación Española de Kick Boxing están previstos mais de 600 combates.
O ano pasado foran tres os integrantes do Clube ITF-Noia Clínica Juanatey os que conseguiranparticipar no Campionato Nacional de Kickboxing (nas modalidades de Point Fight e Light Contact), e nesta edición a representación triplícase, aínda tendo que caerse da convocatoria Adolfo Liñayo por lesión.

https://www.youtube.com/watch?v=QIg_llRKheA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.