A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe as instalacións de preengorde de moluscos que a empresa de cultivos mariños Venerupisgal ten no polígono bateeiro A Pobra do Caramiñal B para coñecer as melloras introducidas nestas infraestruturas ao abeiro das axudas concedidas pola Xunta de Galicia co obxectivo de impulsar a produción do sector. A titular de Mar salientou que o Executivo galego aprobou na convocatoria deste ano preto dun cento de proxectos por un importe global de axuda de algo máis de 4,7 millóns de euros para iniciativas innovadoras.