A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete a trámite de información pública o proxecto de construción da senda na estrada AC-305, no treito que une A Casilla, O Araño e Burés, en Rianxo. A actuación consistirá na construción dunha senda peonil pola marxe dereita da estrada e suporá un investimento de 400.000 euros. O alcalde de Rianxo define esta obra como moi necesaria.