Boiro continúa a súa aposta por ofrecer espazo onde estacionar aos veciños do municipio e aos seus visitantes. O Concello habilitou un novo aparcamento na Avenida de Barraña para unha veintena de vehículos. Con esta actuación o goberno local reafirma a súa aposta pola mellora da mobilidade e do acceso ao núcleo urbano.