Deportes

O Concello de Rianxo despide ao deportista paralímpico Adrián Mosquera. O acto serviu para firmar un contrato de patrocinio no que se vinculan os valores do piragüista coa imaxe do municipio

O deportista paralímpico Adrián Mosquera recibiu unha despedida por parte do Concello de Rianxo antes da seu viaxe ao Xogos Paralímpicos de Tokio. Ademais do recoñecemento e o desexo duns futuros éxitos deportivos, a cita acolleu o acordo dun contrato de patrocinio entre o Concello e o piragüista. O alcalde Adolfo Muíños, o concelleiro de Deportes, Xusto Ordóñez e demais membros da corporación municipal acompañaron a Adrián Mosquera na súa despedida.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.