O Club Remo Puebla, co patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal, organiza a I Bandeira Camiño do Barbanza A Orixe. Será a terceira regata que vai transcorres por augas pobrenses este verán, pero desta vez a bandeira atópase adscrita ao calendario da competición da Liga Galega de Traiñeiras B. Ao acto de presentación acudiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, a concelleira de Deportes, Genoveva Hermo e Carlos Lijó e Carmela Fernández en nome do Club Remo Puebla.