O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, recibiu hoxe ao representante de Stop Desafiuzamentos do Barbanza, José Manuel Pena, para tratar os problemas relacionados coa vivenda que se rexistran no Barbanza e as medidas adoptadas ao respecto pola Xunta de Galicia.
Pena expuxo o caso dun afectado por un desafiuzamento no Barbanza, comprometéndose o director xeral a poñer todos os medios ao alcance da Xunta para ofrecerlle unha solución á situación. Así avanzou que se poñería en contacto directo co afectado para coñecer en detalle as súas circunstancias e incluílo no programa de Bolo Alugueiro de ser o caso.
García Porto explicou detalladamente as 12 medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para a loita contra os desafiuzamentos, tanto por execucións hipotecarias como por impago do alugueiro, co obxectivo de que o representante da plataforma cidadá os transmita aos posibles beneficiarios dos mesmos.
Na xuntanza fíxose especial fincapé nas dúas últimas medidas adoptadas, como son o Programa de Vivendas Baleiras e o convenio co Consello da Avogacía Galega.
O Programa de Vivendas Baleiras é unha iniciativa da Xunta de Galicia para mobilizar vivendas desocupadas coa fin de destinalas a alugueiro social. Establecese un procedemento de colaboración coa Fegamp e cos concellos que se adhiran ao programa para crear una bolsa de vivenda desocupadas que podan destinarse ao arrendamento a prezos máximos taxados para persoas e familias en situación de dificultade de acceso a vivenda.
https://www.youtube.com/watch?v=IbpJ59Zg4Sg