A Xunta de Galicia volve a emitir axudas aos concellos logo de facelo xa en dúas ocasións anteriormente. Desta vez, serán 69 os concellos que dispoñan desta ferramenta para estar preparados e anticiparse a posibles situacións de seca e garantir o abastecemento de auga á poboación. Ribeira, Porto do Son e Noia son os tres concellos da comarca que gozarán destas subvencións.
A Xunta concede axudas a 69 concellos por máis de 825.000 euros para elaborar plans de emerxencia fronte á seca. Ribeira, Noia e Porto do Son recibirán estas subvencións

