Cabo da cruz feminino está un paso máis preto de levarse de novo o campionato galego. As remeiras de Boiro impuxéronse este domingo na I Bandeira Traíñas Feminina celebrada en Rianxo, unha regata nas que as súas perseguidoras, Chapela, non puideron pasar da terceira posición. Cabo colócase con 53 puntos e deixa 4 de marxe cas de Redondela.