Nova fin de semana de competición nas Ligas Galegas Traíñas A e B. Redondela acolleu o sábado a regata da Liga A, onde Samertolameu gañou de novo e mantense no liderato. O Club Remo Puebla foi a traiñeira da zona que mellor posto acadou, rematando en cuarto lugar. Rianxo conseguiu sete puntos logo de finalizar en sexto posto, un por diante do Cabo da Cruz. O Club Remo Muros non tivo unha boa xornada e terminou en penúltima posición. Con estos resultados, Cabo da Cruz mantense na clasificación final en cuarto lugar, Puebla en sexto a tan só dous puntos do Mera, Rianxo ascende á oitava posición e Muros segue penúltimo na súa loita pola permanencia.