A Defensoría del Pueblo de la Ciudad autónoma de Buenos Aires nomeou onte ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, Visitante Distinguido da cidade.
A distinción foi outorgada tras visitar o stand da Xunta de Galicia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, cuxa 42 edición conta con Santiago de Compostela como cidade invitada de honra.
O titular da Xunta continúa hoxe a súa visita institucional a Arxentina, cunha reunión co vicexefe do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Diego Santilli. Posteriormente, recibirá o Título de Hóspede de Honra, concedido pola Cidade Autónoma de Bos Aires, de mans da vicepresidenta primeira da Lexislatura.
FEIJÓO, nomeado visitante distinguido da cidade de BOS AIRES
Please login to join discussion