A nova residencia de Ribeira xa ten localización. O edificio da antiga discoteca Hesta Kurva acollerá a primeira residencia do novo modelo implantado pola xunta. O inmoble e o seu terreo foron adquiridos polo Concello de Ribeira no 2013 cun desembolso de 100.000 euros. O alcalde do municipio, Manuel Ruiz, afirmou que levan tempo traballando no proxecto e pensando nese terreo como sede da residencia.