O partido Boiro Novo, liderado por BUSCAR NOMBRE, critica a parálise do goberno local e reclama desbloquear a execución das obras do Club de Remo de Cabo da Cruz. Ademais tamén inciden na parálise que sofren outros proxectos aprobados polo pleno da corporación e a lentitude na que se desenvolven outras actuacións. Os representantes de Boiro Novo afirman que as obras da nova sede do club de remo están paradas por falta de financiamento e hai un mes que lle trasladaron as súas inquedanzas ao goberno local. O alcalde da localidade, José Ramón Romero, afirma estar moi sorprendido por estas declaracións.